Un novo estudo da Universidade de Módena e Reggio Emilia, en Italia, asegura que Hogwarts e todo o universo fantástico creado por Rowling axuda aos nenos a ser máis empáticos. Todo está no título da investigación: “A mellor maxia de Harry Potter: Reducir os prexuízos”.
Este estudo di que os libros de Harry Potter van moito máis alá dos dragóns e as variñas. Temos por exemplo os ‘muggles‘, as criaturas non máxicas; os “sangre sucia”, magos nacidos de ‘muggles‘ como Hermione, a mellor amiga de Harry, e logo está Voldemort que pensa que o poder só deberían ostentalo aqueles con pureza de sangue. Por iso, a investigadora Loris Vezzali, deulles a 34 estudantes un cuestionario onde estes expresaron os seus sentimentos sobre a inmigración.
Entre os experimentos realizados, Vezzali ofreceu aos alumnos a lectura dunha das pasaxes de Harry Potter no que Draco Malfoy, un “sangue limpa”, insulta a Hermione por ser unha “sangue sucia” ou, o que é o mesmo, unha bruxa nacida de ‘muggles‘. Unha semana despois os resultados foron moi favorables xa que a actitude dos estudantes cara aos inmigrantes mellorara.