O fulminato de mercurio de Breaking Bad

Curiosidades

Este artigo contén spoilers.


O fulminato de mercurio, tamén chamado fulminante de mercurio ou mercurio fulminado, é un composto moi inestable, polo que pode explotar baixo certas condicións, aínda que ao facelo non produce moita calor.

Catalógase como explosivo primario, é dicir, que é moi sensible a certos estímulos (impacto, fricción, calor, electricidade estática, reacción electromagnética…). Por iso, adoita utilizarse como explosivo de iniciación, antes empregábase moito nas cápsulas fulminantes dos cartuchos. Cando se descompón termicamente, o fulminato de mercurio pode facelo a temperaturas relativamente baixas (uns 100º C).  Este, prepárase facendo reaccionar mercurio con ácido nítrico en presenza de etanol, podendo formar cristais de cor azul celeste, igual que a metanfetamina do profesor Walter White.

Por iso, na serie de televisión “Breaking Bad”, é utilizado por Walter para voar as ventás dun cuarto e impresionar así a un alporizado narcotraficante, ao que inicialmente o químico fai crer que o fulminato é a súa metanfetamina.  Esto faino botando un groso cristal de fulminato contra o chan, provocando así unha explosión suficiente para romper as ventás e causar outros danos pero sen ferir as persoas que se encontran no cuarto.

Pode ser esto verdade? A resposta é negativa; o fulminato si pode estoupar ao ser botado, pero para causar eses estragos tense que dispoñer de cantidades máis grandes que o cristal que Walt lanza no despacho de Tuco. Ademais, como dixen ao comezo do artigo, é unha substancia moi inestable e, moi probablemente, estouparía antes de chegar ao destino. Aínda así, non deixa de ser unha escena brutal das moitas cas que conta esta serie, que sen dúbida podería ser considerada unha das mellores da historia.

Advertisement

Hawking na gran pantalla

Eventos,Recomendacións

Para enlazar a avaliación anterior con esta, a miña primeira entrada tratará outra vez sobre Stephen Hawking máis dun xeito distinto.

O pasado 16 de Xaneiro, estreouse nos cines a película “La teoría del todo”, baseada no libro da súa ex-esposa que narra a vida académica e matrimonial de Stephen Hawking con Jane Wilde, a súa primeira muller. Esta, era a parella do astrofísico no momento no que lle descubriron a enfermidade. Por un lado, o filme fai fincapé no espírito de superación dunha persoa que loita,e vence, contra unha terrible enfermidade dexenerativa na que o seu principal apoio é a súa muller. Por outro, narra a convivencia destes dous protagonistas, nada doado; chea de dificultades e malentendidos porque Stephen Hawking, a pesar de todo, non sempre foi un santo.

Ao final do filme, a película trata o tema da revolución científica dun visionario da Física que nunca rematou de demostrar nada, e que cambiou en numerosas ocasións de opinión, pero sempre coa finalidade de explicalo todo, mesmo a Deus, a partir de ecuacións matemáticas.

A película, está nominada a mellor película, mellor actor, mellor actriz, mellor guión adaptado e mellor banda sonora e quizáis esto sexa unha das cousas máis destacables, xa que ambas interpretación foron soberbias.

Eddie Redmayne, que probablemente gañe o Oscar, transformouse nunha asombrosa copia do Stephen Hawking real. Ademais, só cos ollos e ca boca, realiza unha actuación das que fan época.

Na miña opinión, é unha película moi boa e entretida; apta para calquer público e moi fácil de ver e complacer o gusto do espectador, así como un exemplo de superación fronte aos problemas da vida.

Os nenos que len Harry Potter son máis empáticos

Curiosidades,Estudos

Un novo estudo da Universidade de Módena e Reggio Emilia, en Italia, asegura que Hogwarts e todo o universo fantástico creado por Rowling axuda aos nenos a ser máis empáticos. Todo está no título da investigación: “A mellor maxia de Harry Potter: Reducir os prexuízos”.

Este estudo di que os libros de Harry Potter van moito máis alá dos dragóns e as variñas. Temos por exemplo os ‘muggles‘, as criaturas non máxicas; os “sangre sucia”, magos nacidos de ‘muggles‘ como Hermione, a mellor amiga de Harry, e logo está Voldemort que pensa que o poder só deberían ostentalo aqueles con pureza de sangue. Por iso, a investigadora Loris Vezzali, deulles a 34 estudantes un cuestionario onde estes expresaron os seus sentimentos sobre a inmigración.

Entre os experimentos realizados, Vezzali ofreceu aos alumnos a lectura dunha das pasaxes de Harry Potter no que Draco Malfoy, un “sangue limpa”, insulta a Hermione por ser unha “sangue sucia” ou, o que é o mesmo, unha bruxa nacida de ‘muggles‘. Unha semana despois os resultados foron moi favorables xa que a actitude dos estudantes cara aos inmigrantes mellorara.

Boiro nos Ouff Escola

Eventos,Noticias

Co gallo das Letras Galegas 2014, dende o Club do Antifás, fixemos un vídeo-parodia de Un príncipe para Laura no que cambiamos aos concursantes do programa, por unha versión máis galega, adaptando o programa a Díaz Castro.

O resultado foi Un príncipe para Zubizarreta, programa no que Díaz Castro pretendía á súa muller, María Zubizarreta, pero atopándose con adversarios tan potentes coma Manuel e Antonio, ou intentando convencer ao asesor da princesa, Eduardo Blanco Amor.

Ao parecer, este foi un vídeo que gustou entre o xurado dos Ouff (Festival internacional de cine) e que está nominado ao premio na categoría escolar da gala do 19 de novembro.

Star Wars na realidade

Curiosidades

Dende que en Star Wars se creou o planeta Tatoonie, son moitas as dúbidas que xorden sobre si un planeta pode ter dous soles. Así pois, investigando en profundidade, no setembro do 2011 anunciouse a existencia de Kepler 16-b.

Kepler 16-b, é un exoplaneta situado a 200 anos luz da terra, e que orbita ao redor de dúas estrelas. Dende aquela non pararon de buscar e algún tempo despois, a mesma sonda que detectou a Kepler 16-b, atopou outros dous novos planetas que orbitan, cada un, o seu propio sistema binario de estrelas: Kepler-34b, a 4.900 anos luz, e Kepler-35b, a 5.400 anos luz.

Os investigadores cren que poden existir moitos máis planetas coma estes, incluso millóns deles, e coidan que tamén poidan ser habitables. Quen sabe se nalgún deles habitou Luke Skywalker de verdade?