Poden ser as máquinas máis intelixentes ca nós?

Noticias


O físico teórico británico Stephen Hawking cre que o desenvolvemento da intelixencia artificial podería significar o fin da humanidade como dixo o pasado martes nunha entrevista ca BBC. Ademáis, o científico advierteu que esta tecnoloxía podería evolucionar rápidamente e superar á humanidade. “Os seres humanos, que están limitados pola lenta evolución biolóxica, non poderían competir e serían substituídos”, dixo Hawking.

No mesmo sentido se expresou en Financial Times asegurando que os seres humanos deberían empezar a establecer colonias noutros planetas para evitar unha “catástrofe tecnolóxica” provocada pola intelixencia artificial que, como ben dixo, “podería ser máis lista ca todos nós”.

Ademáis, como ben apunta Hawking, se a enxeñaría xenética aumentar a complexidade do ADN humano e “mellorara” a especie, o proceso sería lento e tardaría 18 anos antes de que os seres humanos percibisen algún beneficio. Pola contra, dacordo ca Lei de Moore, as computadoras duplican a súa velocidade e capacidade de memoria cada 18 meses. O perigo está en que os equipos desenvolvan intelixencia propia e tomen o relevo. Os seres humanos, que están limitados por unha evolución biolóxica lenta, non poderían competir e serían remplazados.

Iso non impide que Hawking, que está en cadeira de rodas e fala ca axuda dun sintetizador de voz, por culpa dunha enfermidade dexenerativa como é a esclerose lateral amiotrófica, sexa un entusiasta das modernas tecnoloxías da comunicación. Ademáis, o profesor probou, ese mesmo día, un novo programa desenvolvido por Intel, que incorpora un texto predictivo que lle permitirá escribir máis de maneira máis rápida.

Aínda que recibiu con satisfacción as melloras, o científico dixo que decidira non cambiar a súa voz robótica. “Converteuse na miña marca e non a cambiaría por unha voz máis natural cun acento británico”, dixo á BBC.

Así pois, Hawking segue a prol das novas tecnoloxías máis advirte do seu uso e do perigo que traen consigo co vaticinio da substitución da raza humana, que esperemos que non se cumpla.

Radiohead ou U2 son escoitados pola xente máis intelixente

Curiosidades,Estudos

Hai veces nas que os estudos científicos sacan resultados ofensivos, como aquel que se fixo en 2004 no que se aseguraba que nos lugares nos que máis se escoitaba a música country, máis suicidios se producían. O tema que vou tratar hoxe, non é tan radical pero ten algo en común, a música.

Segundo un traballo realizado por un programador de aplicacións chamado Virgil Griffith, os que escoitan cantantes como Beyoncé ou Jay Z, teñen bastantes menos habilidades intelectuais que os que escoitan artistas como Radiohead ou Sufjan Stevens. Para chegar a esta conclusión, Griffith analizou os gustos musicais dos estudantes de varias universidade segundo a media que teñen os seus alumnos na proba SAT. Por exemplo, en Harvard, universidade á que só acceden os alumnos máis aplicados (e máis ricos), ten unha media de 1.484 neste exame (a puntuación máis alta é 1520). Pola contra, a que peores alumnos acolle é o centro Paul Quinn, cunha media de 665.

Despois, iniciou unha investigación en Facebook sobre os gustos musicais dos que asisten a cada unha destas universidades. Segundo explica na súa páxina web, analizou 1.352 centros de ensino e máis tarde, realizou unha táboa na que os números da parte de arriba son a media no SAT e, podemos ver que o músico favorito dos máis cerebritos é Beethoven, seguido polo cantautor indie Sufjan Stevens e grupos como Radiohead ou U2.

Na parte media sitúanse bandas como Rage Against the MachineGrateful Dead ou Queen e, se imos baixando, os menos hábiles adoran o reguetón, BeyoncéJay Z ou rapeiros como Nas. Un pouco máis listos, pero bastante lonxe da media, están os emos, que escoitan grupos como My Chemical Romance, AFI ou The Used.

Este é un estudo interesante aínda que a súa metodoloxía é cuestionable dende o punto de partida. Aínda así, seguro que vai traer bastante cola.

Os nenos que len Harry Potter son máis empáticos

Curiosidades,Estudos

Un novo estudo da Universidade de Módena e Reggio Emilia, en Italia, asegura que Hogwarts e todo o universo fantástico creado por Rowling axuda aos nenos a ser máis empáticos. Todo está no título da investigación: “A mellor maxia de Harry Potter: Reducir os prexuízos”.

Este estudo di que os libros de Harry Potter van moito máis alá dos dragóns e as variñas. Temos por exemplo os ‘muggles‘, as criaturas non máxicas; os “sangre sucia”, magos nacidos de ‘muggles‘ como Hermione, a mellor amiga de Harry, e logo está Voldemort que pensa que o poder só deberían ostentalo aqueles con pureza de sangue. Por iso, a investigadora Loris Vezzali, deulles a 34 estudantes un cuestionario onde estes expresaron os seus sentimentos sobre a inmigración.

Entre os experimentos realizados, Vezzali ofreceu aos alumnos a lectura dunha das pasaxes de Harry Potter no que Draco Malfoy, un “sangue limpa”, insulta a Hermione por ser unha “sangue sucia” ou, o que é o mesmo, unha bruxa nacida de ‘muggles‘. Unha semana despois os resultados foron moi favorables xa que a actitude dos estudantes cara aos inmigrantes mellorara.

Boiro nos Ouff Escola

Eventos,Noticias

Co gallo das Letras Galegas 2014, dende o Club do Antifás, fixemos un vídeo-parodia de Un príncipe para Laura no que cambiamos aos concursantes do programa, por unha versión máis galega, adaptando o programa a Díaz Castro.

O resultado foi Un príncipe para Zubizarreta, programa no que Díaz Castro pretendía á súa muller, María Zubizarreta, pero atopándose con adversarios tan potentes coma Manuel e Antonio, ou intentando convencer ao asesor da princesa, Eduardo Blanco Amor.

Ao parecer, este foi un vídeo que gustou entre o xurado dos Ouff (Festival internacional de cine) e que está nominado ao premio na categoría escolar da gala do 19 de novembro.

Europa na semana da ciencia

Eventos

Semana da ciencia

Con novembro á volta da esquina, o científicos europeos prepáranse para celebrar a semana da ciencia. O programa de este ano inclúe máis de dez días repletos de actividades para todas as idades e gustos.

Aquí, en España, todas as comunidades autónomas teñen plantexado unha serie de actividades que están saíndo nos medios de comunicación. Cada comunidade autónoma ten o seu programa e aquí en Galicia, tamén se vai celebrar a semana da ciencia, mais unicamente na Universidade de Vigo e no MUNCYT da Coruña.

Na miña opinión, está ben que actividades deste tipo teñan lugar nas grandes cidades, pero tamén creo que deberían achegarse aos pobos mediante as escolas e institutos, dando lugar a maior coñecemento e participación nestas e fomentando o interese pola ciencia, cumprindo así,  un dos obxectivos de esta semana temática.

Star Wars na realidade

Curiosidades

Dende que en Star Wars se creou o planeta Tatoonie, son moitas as dúbidas que xorden sobre si un planeta pode ter dous soles. Así pois, investigando en profundidade, no setembro do 2011 anunciouse a existencia de Kepler 16-b.

Kepler 16-b, é un exoplaneta situado a 200 anos luz da terra, e que orbita ao redor de dúas estrelas. Dende aquela non pararon de buscar e algún tempo despois, a mesma sonda que detectou a Kepler 16-b, atopou outros dous novos planetas que orbitan, cada un, o seu propio sistema binario de estrelas: Kepler-34b, a 4.900 anos luz, e Kepler-35b, a 5.400 anos luz.

Os investigadores cren que poden existir moitos máis planetas coma estes, incluso millóns deles, e coidan que tamén poidan ser habitables. Quen sabe se nalgún deles habitou Luke Skywalker de verdade?