A mutilación xenital feminina é un procedemento mediante o cal os órganos xenitais externos das mulleres son total ou parcialmente removido ou no seu defecto alterada a súa morfoloxía sen ningún beneficio médico. De feito non están documentados casos onde isto trouxese algún tipo de beneficio á saúde, sendo un terrible menosprezo aos Dereitos Humanos das mulleres.
Por iso, o presidente de Nixeria Jonathan Goodluck, subscribiu un proxecto de lei onde se sitúa a mutilación xenital feminina como delito, e prohibe a expulsión do fogar e a falta de manutención ou abandono cara aos fillos e a cónxuxe, ampliando a prohibición a outras prácticas tribais que inclúen a violencia de xénero.
Segundo UNICEF e unha extensa análise do ano 2013, máis de 125 millóns de nenas e mulleres sufriron algún tipo de mutilación xenital feminina. A maior concentración delas sitúase en África, xa que soamente dous países non pertencen a ese continente. De feito, case 20 millóns das nenas e mulleres mutiladas residen en Nixeria.
Os países que teñen maior cantidade de nenas e mulleres laceradas pola circuncisión son: Guinea, Exipto, Djibuti e Somalía. Estas prácticas son incriblemente aceptadas en determinados países como por exemplo Exipto, xa que un alto porcentual de mulleres sofren esta práctica e a metade delas está de acordo por ser froito dunha ancestral tradición. Por iso é tan importante que as autoridades e a comunidade, mesmo a internacional, se involucre profundamente para así tomar conciencia da necesidade que teñen as mulleres de ser protexidas por lei.
Aínda así, que Nixeria dese o paso de estipular coma un delito a circuncisión, é un gran avance, sobre todo tendo en conta os porcentaxes anteriormente citados de nenas e mulleres que sofren esta práctica. Penso ademais, que o feito de que se tomara esta decisión vai cambiar algo no pensamento dos africanos, e que a circuncisión se vai deixar de practicar con regularidade.